ETIQUETAS

martes, decembro 22

CHEGOU O NADAL AO COLE!

Ola familias! Ola nenas e nenos! Xa chegou o nadal ao noso cole! Este ano, debido a situación excepcional que estamos a sufrir, non podemos facer un festival coma anos atrás, que mágoa! Pero sí podemos desfrutar do festival virtual que preparon as mestras e o alumnado de todo o centro para visualizar hoxe. clícade! Qué fermoso!Como traballaron!Encántame! Deséxovos que pasedes unhas felices vacacións! Ojalá que o ano que ven esté cheo de abrazos e de bicos! BO NADAL

xoves, decembro 3

UN DIA PARA TODOS

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE

 

Ollade familias!

Clica na imaxe...




 Cada 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade a nivel mundial, cun obxetivo claro : sensibilizarnos a todos nós, sobre cuestións relacionadas coa diversidade funcional, fomentar a inclusión social e promover a igualdade de oportunidades.

Dende esta xaneliña virtual quero contribuír co meu grao de area, para recordar que os dereitos de todos OS NENOS E NENAS deben ser respetados e para manifestar que todos podemos ser vulnerables á discapacidade. Os que traballamos con pequerrechos que teñen algún algún tipo de disCAPACIDADE, sabemos que o que máIs os define tanto a eles como ás súas familias, non é o seu posible hándicap senón a súa CAPACIDADE.

mércores, novembro 18

CONTOS, AVENTURAS E VALORES

Ola familias! 

A amizade, a tolerancia, o respeto ou a paciencia son algúns dos valores que debemos inculcar dende pequenos, tanto no cole como na casa.Si dende ben pequeniños, lles ensinamos valores, cando crezan serán capaces de convivir en armonía, ter unha vida sá e equilibrada e sentirse a gusto no contexto onde se atopen. Por eso me decidín a facer esta pequena recopilación de contos. Contiños que a partir de historias extraordinarias, axudarannos a transmitir certos valores aos máis pequenos. Non son contos moralizantes nin con intención de adoctrinar, senon historias singulares que esconden moito mensaxe, para que os nenos e nenas descubran por sí mesmos cál é a mellor forma de actuar en determinadas situacións, se identifiquen cos personaxes e aprendan sobre solidaridade, respeto, gratitude, esforzo,.... Deixovos o listado , todos eles teñen unhas ilustracións preciosas, deíxovos información por si os queredes regalar nas próximas datas, do mesmo xeito entendo que non estamos no momento económico máis idóneo, asi que todos eles  tamén os podedes visualizar  en youtube 

venres, novembro 13

SAÚDO DE BENVIDA