ETIQUETAS

xoves, decembro 3

UN DIA PARA TODOS

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE

 

Ollade familias!

Clica na imaxe...




 Cada 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade a nivel mundial, cun obxetivo claro : sensibilizarnos a todos nós, sobre cuestións relacionadas coa diversidade funcional, fomentar a inclusión social e promover a igualdade de oportunidades.

Dende esta xaneliña virtual quero contribuír co meu grao de area, para recordar que os dereitos de todos OS NENOS E NENAS deben ser respetados e para manifestar que todos podemos ser vulnerables á discapacidade. Os que traballamos con pequerrechos que teñen algún algún tipo de disCAPACIDADE, sabemos que o que máIs os define tanto a eles como ás súas familias, non é o seu posible hándicap senón a súa CAPACIDADE.




Hoxe no cole, visionamos un corto precioso que se titula O cazo de Lorenzo, que foi versionado e que aos nosos nen@s axudáronlles a reflexionar, encántoulles!(para min esta versión será das preferidas), deíxovos o enlace ao blogue da nosA biblioteca BIBLIOÑOÑOS

Quérovos deixar tamén dúas recomendacións máis:

- Unha en forma de conto :


- Outra en forma de corto: IAN



Visibilidade - inclusión - normalización e empatía!

Agardo que vos guste!

A P E R T A S   G O R D A S 

SAÚDO DE BENVIDA