ETIQUETAS

venres, novembro 13

FALAMOS

Unha estimulación adecuada axuda a que as nenas e os nenos potencien as súas capacidades de desenvolvemento. A mellor estimulación é a que reciben por parte vosa, dos pais , nais e adultos que os rodean , no día a día e no seu ambiente natural. Proporcionarlle un entorno saudable e enriquecido, provee as mellores oportunidades para calquera neno na súa etapa infantil. De feito non se requiren inversións económicas especiais, nin condicións ou requisitos específicos, o importante é saber aproveitar o noso entorno cotidiano. Que o voso fillo ou filla pronuncien e articulen ben os sons, depende, en gran medida, de que vos, como pai ou nai, lles ofrezcades uns modelos correctos de pronunciación, e como podemos facelo? Vouvos deixar unha serie de orientacións para que vos decates do sinxelo que pode ser: 1. Fálarlles despacio e de forma clara. 2. Faládelle ao voso fillo ou filla tan a miúdo como sexa posible. 3. Falarlle correctamente e non imitara súa forma de falar. 4. Non o atosigues porque vos pareza que vai lento, cada un ten o seu ritmo de pronunciación. 5. Señale ou marque turnos de intervención coa nena ou neno. Intente que os pequenos respeten os turnos de falar. 6. Moi importante!No corrixades inmediatamente as producciónss erróneas dos seus fill@s. Por exemplo empregue esa palabra nunha frase para que a escoite ben dita: ex: si el di “el pero ladra” pódeselle decir “el perro que juega con ese niño ladra muy fuerte” 7. Non intentes correxir os erros fonolóxicos do neno ou nena (eso é labor noso, dos mestres especialistas). 8. Intentade que o voso fillo sinta que o comprendedes, facede esforzo por compréndelo e que o neno non se sinta frustrado. 9. Aproveitade todas as ocasións nas que o voso fillo ou fillos disfrutan convosco para falar con eles, xogar con eles . leédelles moitos contos, debuxade con eles..pedíndolles que vos expliquen as cousas que están vendo, o xogo co que está xogando, co fin de conseguir compartir cousas con él. 10. Despois de facer unha actividade interesante para o neno como viaxes,cumpleanos, excursións... comentade con él/eles todo o que ocurriu, falade do acontecimento, que vos conte o que pasou, o que lle gustou, como se sentiu... 11. Empregade preguntas abertas. Debemos animalos a contestarnos con algo máis que cun si ou cun no. 12. Xogar a inventar historias con bonecos, marionetas... 13. Contar cousas de forma ordeada: que fixo antes, que fixo despois, que fará... 14. Contarlle contos facendoo partícipe, pidíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas. 15. E por último : Eliminar as correcciós do tipo "eso non se dice así", no seu lugar lle repetiremos a frase ou palabra de forma correcta, incluso ampliando a mesma, por exemplo, "la tasa es banca"/ "si, la casa es blanca y grande". Para realizar as actividades que se propoñen é necesario buscar momentos nos que se esté relaxado e poidades dedicarlle un tempo “exclusivo”aos vosos fillos. Durante uns 30 minutos ao día debedes desconectar de todas as preocupacións e “xogar” co voso fillo ou filla a algunha das actividades propostas.
* Agardo que vos sirva de axuda! A P E R T A S G O R D A S

SAÚDO DE BENVIDA